LUCIA
CASAL DE LA FUENTE
PROFESOR/A AXUDANTE DOUTOR/A
Departamento: Didácticas especiais
Centro: Facultade de Educación e Traballo Social
Campus: Ourense
Área: Didáctica da Expresión Musical
Grupo de investigación: Didáctica especial 6 – actividade física, expresión e creatividade
Correo: lucia.casal@uvigo.gal
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Boas prácticas psicopedagóxicas para a educación vocal e do canto na infancia estudo de casos en dous programas de referencia internacional 2020. Dirixida por Dr/a. Miguel Ángel Zabalza Beraza, Dr/a. Carol Gillanders.
Cantante e licenciada en Psicopedagoxía, con mestrados en terapia e en procesos de formación. No período 2014-2021 traballou na USC como docente do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (7 anos) e como técnica de proxectos internacionais (10 meses) e de formación e innovación docente (9 meses). Dende o ano 2021 é docente e investigadora no Departamento de Didácticas Especiais (Área de Didáctica da Expresión Musical) da UVIGO. Con formación e experiencia en didáctica e en técnica vocal, ten exercido de profesora en escolas de música, e fixo varias estadías de investigación internacionais en Italia, República Checa, Arxentina, Inglaterra e Brasil, nas que combinou o estudo da educación da voz, a cantoterapia, o canto, a educación infantil, a innovación, e a equidade. Estes temas combinounos na súa tese doutoral titulada "Boas prácticas psicopedagóxicas para a educación vocal e do canto na infancia: estudo de casos en dous programas de referencia internacional", dirixida por Miguel Ángel Zabalza e Carol Gillanders. É coordinadora do proxecto psicopedagóxico de educación vocal e canto VOCES LEDAS, e participa activamente en congresos e seminarios vinculados á educación, sendo tamén autora de diversas publicacións e colaboradora de grupos de investigación nacionais e internacionais.