Efecto de la actividad física aeróbica sobre el deterioro cognitivo leve y estadios tempranos de demencia en personas mayores

  1. Ledezma Dames, Andrés
Dirixida por:
  1. José Carlos Millán-Calenti Co-director
  2. Ana Maseda Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 14 de xullo de 2017

Tribunal:
  1. Lía Fernández Presidente/a
  2. Laura Lorenzo-López Secretario/a
  3. José María Cancela Carral Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 487236 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Introdución: Unha crecente evidencia apoia que os programas de actividade física recorrente, sobre todo os de tipo aeróbico poden xerar efectos beneficiosos sobre a función cognitiva nas persoas maiores que presentan deterioro cognitivo. Obxectivo: Analizar o efecto dun programa de actividade física aeróbica, sobre o estado cognitivo de persoas maiores con deterioro cognitivo leve (DCL) e estadios temperás de demencia. Material e Métodos: Realizouse un ensaio clínico aleatorizado con 62 maiores que proviñan de 8 centros cívicos da cidade da Coruña (72,48±4,99 anos). O Grupo Experimental (GE; n=31) realizou un programa de exercicio aeróbico progresivo, consistente en camiñadas por parques da cidade (3 días por semana/ 1 hora de duración/ 3 meses). O Grupo Control (GC; n=31) realizou un programa pasivo de tipo non aeróbico. Ambos grupos foron avaliados pre- e pos-intervención, mediante os instrumentos neurocognitivos: Mini-Mental State Examination (MMSE), Test de Fluidez Verbal semántica de Isaac (TFVs), Test de Díxitos do Wais III (TDG-Wais), Trail Making Test A (TMT-A) e as probas físicas: Test de Marcha de seis Minutos (TM6M), Timed Up and Go (TUG) e Velocidade de Marcha en 6 Metros (VM-6m). Resultados: 57 persoas completaron o estudo. O GE mellorou en todas as probas físicas sobre o GC (p<0,05), solo o MMSE e o TDG-Wais melloraron sobre o GC cunha diferenza de medias pos-intervención de 1,28 e 1,56 puntos respectivamente (p<0,05). As outras probas cognitivas melloraron soamente dentro do GE. Encontrouse unha correlación lineal ao final do estudo, entre a distancia recorrida no TM6M e a puntuación obtida no MMSE. Rho=0,407 (p<0,001). Conclusión: Un programa de adestramento aeróbico de intensidade moderada-vigorosa de tres meses de duración, incide positivamente no rendemento cognitivo das persoas maiores con DCL e demencia leve.