Seguridad y percepción de riesgo en la formación de imagen turísticaBrasil a través de los agentes autónomos formadores de imagen ante los Juegos Olímpicos

  1. Álvarez de la Torre, Jaime
Dirixida por:
  1. Valentín Alejandro Martínez Fernández Co-director
  2. Diego Rodríguez-Toubes Muñiz Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 22 de setembro de 2017

Tribunal:
  1. Mercedes Caridad Sebastián Presidente/a
  2. Óscar Juanatey Boga Secretario/a
  3. José Antonio Fraiz Brea Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 506485 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Os problemas de seguridade en Brasil non son unha novidade, pero hoxe en día co aumento constante de situacións de conflito que estase a padecer no mundo enteiro faise necesario realizar unha análise máis detallada de variables coma a percepción da seguridade e risco e súa influencia sobre a imaxe dos destinos turísticos. A prensa chega ao maior número de persoas no proceso de toma de decisións de consumo, a pesares do feito de que ten menos credibilidade ca prensa turística especializada. Con todo, o turismo é un sector transversal e as noticias relacionadas co turismo son susceptibles de aparecer en calquera das seccións dos medios. A procura de información é unha etapa clave na elección de destino turístico. Ademais as recomendacións oficiais de viaxes feitas en orixe son moi creíbles para os turistas. O propósito desta investigación é analizar o tratamento da seguridade e do risco na información procedente dos axentes autónomos que conforman a imaxe dun destino. Os medios de comunicación poden aumentar ou paliar as imaxes estereotipadas asociadas ao Brasil, mesmo durante eventos como os Xogos Olímpicos. Esta investigación ten como obxectivo analizar a información sobre Brasil nos medios e nas recomendacións oficiais de viaxes a través dun análise de contidos das edicións dixitais dos principais xornais españois.