O Teatro Circo na configuración do teatro independente galego(1967-1978)

  1. Lourenço-Módia, Cilha
Dirixida por:
  1. Laura Tato-Fontaíña Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 22 de febreiro de 2013

Tribunal:
  1. María Pilar García Negro Presidente/a
  2. María Teresa López Fernández Secretario/a
  3. Gonzalo Navaza Blanco Vogal
  4. Aurora Marco López Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 338414 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente tese ten como obxectivo realizar unha análise pormenorizada das actividades dramáticas e culturais do TEATRO CIRCO da Coruña, o primeiro colectivo galego plenamente identificado co Teatro Independente e o máis representativo deste movemento. Consoante con este obxectivo, escolleuse como faixa cronolóxica de estudo o período 1967-1978. A primeira data coincide coa fundación do TEATRO CIRCO; a segunda correspóndese coa súa profesionalización –co nome de ESCOLA DRAMÁTICA GALEGA–. A partir da descrición da traxectoria do TEATRO CIRCO, determinaranse non só os postulados ideolóxico-estéticos e o traballo escénico e investigador do grupo, mais tamén dos colectivos independentes galegos actuantes durante o franquismo; e, asemade, procurarase estabelecer a relevancia da experiencia independente, decisiva para a recuperación, modernización e proxección do teatro galego. A través do percorrido trazado neste traballo ficará patente a relación do TEATRO CIRCO cos grupos independentes da Península Ibérica e o papel paradigmático que este desempeñou no panorama teatral da Galiza da altura, reducido á actividade en castelán dos colectivos comerciais e de Cámara. Comprobarase que, seguindo o exemplo do TEATRO CIRCO, xurdiron no país un bo número de agrupacións inseridas en maior ou menor grao no independentismo teatral e que conformaron o «Movemento do Teatro Galego».