Historias vikingasimplementando proxectos interdisciplinares dende a perspectiva de xénero na formación inicial de mestras e mestres
- Caamaño Rojo, María José 1
- Gillanders, Carol 1
- Domínguez Lloria, Sara 1
- 1 Universidade de Santiago de Compostela, Departamento de Didácticas Aplicadas
- López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
- Gómez Suárez, Águeda (ed. lit.)
- Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)
Publisher: Universidade de Vigo ; Universidade da Coruña ; Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 978-84-9749-758-9
Year of publication: 2019
Pages: 303-312
Congress: Xornada Universitaria Galega en Xénero (6. 2019. A Coruña)
Type: Conference paper
Abstract
O traballo presenta unha proposta didáctica interdisciplinar dende a perspectiva de xénero realizada no presente curso 2018-2019 co alumnado do Grao en Mestre/a de Educación Primaria da USC. Consistiu na elaboración e representación dun musical dirixido a alumnado de 1º a 3º curso de Educación Primaria e realizouse coordinadamente dende tres materias obrigatorias cursadas polos mestres e mestras en formación: Música na Educación Primaria, Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas: Lingua e Literatura Castelás e Educación Visual e Plástica I: Contextos e Metodoloxía Artística. A proposta conxugou o traballo interdisciplinar coa perspectiva de xénero, pois o alumnado do Grao debía facer unha indagación sobre o papel da muller na sociedade vikinga, a partir do cal elaborar o fío argumental da obra musical que se representou ante o estudantado de Educación Primaria.