Comentario á Sentenza do Tribunal Constitucional do 10 de outubro de 2013. Extinción da relación laboral dunha muller embarazada en período de proba
-
1
Universidade de Vigo
info
ISSN: 2173-9811
Año de publicación: 2015
Número: 6
Páginas: 365-373
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo
Resumen
O debate acerca da protección laboral da muller embarazada non se resolve con esta sentenza do Tribunal Constitucional, na medida en que suscita unha interesante reflexión acerca da tutela antidiscriminatoria das traballadoras embarazadas en caso de que se dea por finalizado o seu contrato de traballo durante o período de proba. A cuestión que se formula é se resulta posible estender a este suposto a protección dispensada no art. 55.5.b) do Estatuto dos traballadores para o caso de despedimento, ou se por tratarse de institucións diferentes unha protección tan ampla non resulta factible.