Tendencias de futuro en ITVpropuestas de nuevas estrategias

  1. García Cordonié, Julio
Dirixida por:
  1. José-Carlos Álvarez-Feal Co-director
  2. Pablo Izquierdo Belmonte Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de xullo de 2021

Tribunal:
  1. Francisco Alonso Pla Presidente/a
  2. Armando Yáñez Secretario/a
  3. Ester Olmeda Santamaría Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 673073 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Partindo das características técnicas esixibles aos automóbiles por motivos de seguridade e impacto ambiental, e tras repasar a situación actual do sector da inspección técnica de vehículos (ITV), a tese céntrase na determinación de tendencias de futuro para a ITV e na proposta de estratexias para afrontalas con éxito. No referente á situación da ITV, analízase a razón de ser desta actividade, a lexislación básica aplicable, os tipos de inspeccións realizadas e a composición do actual sector (estrutura, empresas, estacións e liñas, actividade, emprego, facturación, impacto na sociedade…) As tendencias de futuro determínanse apoiándose nas novas tecnoloxías incorporadas ao automóvil, nas novas necesidades de inspección e nos cambios no contexto da prestación do servizo de ITV, que se identifican, e considerando os aspectos máis significativos a ter en conta polas empresas operadoras de estacións ITV como son a prestación do servizo, a actividade de inspección, a atención ao cliente, as instalacións, o equipamento, o tratamento e a comunicación de datos e a xestión operativa e empresarial.