Análise da seguridade dos sistemas de criptografía cuántica.
Aplicación de campos electromagnéticos ás técnicas de conxelación de alimentos. Sistema de conxelación CAS.
Consultoría electromagnética:
deseño e caracterización de antenas
reflectoras, estudios de
compatibilidade electromagnética e
interferencia en sistemas radiantes
en escenarios complexos.
Consultoría en tecnoloxías cuánticas.
Deseño de sistemas Radar de automoción.
Deseño e caracterización de
sistemas radar para a reconstrución
de imaxes en tempo real (estáticas
ou en movimento) en aplicacións de
seguridade, industriais,
alimentarias, etc. para a detección
de obxetos ocultos.
Deseño e fabricación de sistemas de medida de firma radar, infravermella e sistemas de diagnóstico e adestramento de equipos de guerra electrónica.
Formación mediante a organización de diversos cursos, seminarios e xornadas relacionados coa radiación electromagnética (interacción con seres vivos, materiais ou estruturas complexas; compatibilidade electromagnética).
Medidas electromagnéticas:
a) Caracterización de antenas ata 24Ghz.
b) Medidas e ensaios de compatibilidade electromagnética (emisións/inmunidade radiada e emisións conducidas) segundo as condicións de ensaio da normativa UNE-EN 61000 e CISPR16, en sistemas monofásicos de baixo consumo.
c) Medidas de cobertura e análise de sinais en comunicacións inalámbricas.
d) Medida da firma electromagnética de buques, vehículos terrestres e aéreos, tanto firma radar (RCS, ISAR, SAR, tomografía, etc.) como firma infravermella (IR).
Miniaturización de antenas de HF en buques militares.
Precertificación de sistemas contra cumprimento de normativas de Compatibilidade electromagnética (EMC/ EMI).
Securización (ciberseguridade) de sistemas e a virtualización de redes a bordo de buques ou entornos complexos, xemelgos dixitais, intelixencia artificial, redes 5 G, etc.
Servicio de espectrometría en THz:
caracterización completa de
materiais (estimación de
parámetros eléctricos: índice de
refracción, coeficiente de absorción), canais de transmisión o
antenas en alta resolución; imaxes
en THz das muestras.
Simulación de sistemas plasmónicos complexos (coloides de nanopartículas, nano-antenas, etc.). Simulación de Surface-enhanced, espectroscopia Raman ( SERS) e outras aplicacións de nanoplasmonicos en biomedicina e biosiensing.
Simulación do comportamento electromagnético de plataformas con alta densidade de sistemas radiantes (buques de guerra, avións, vehículos terrestres, etc.). Dita simulación engloba aspectos tales como: o deseño e a optimización do emprazamento de antenas; a simulación, redución e control da sección radar (SER/ RCS); ou o modelado completo de toda a problemática de E3 (Electromagnetic Environmental Effects). Dentro de E3 atópanse disciplinas fundamentais como: compatibilidade electromagnética (EMC); interferencia electromagnética (EMI); ou radiacións perigosas (EMR/ RADHAZ), tanto para persoal (HERP), como para armamento (HERO) e combustibles (HERF).
Simulación electromagnética de materiais avanzados artificiais ( metamateriales) e superficies selectivas en frecuencia ( FSS) con aplicacións á baixa observabilidad radar.