Ana
Iglesias Pérez
Alumno/a tese / doutorado
Departamento: Tradución e lingüística
Centro: Facultade de Filoloxía e Tradución
Instituto: Instituto de Investigación LINGUA
Campus: Vigo
Universidad: Universidade de Vigo
Grupo de investigación: BiFeGa Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación-
Correo: ana.iglesias.perez@uvigo.es
Disponible para contactar con medios ( prensa / radio / tv )
Ana Iglesias Pérez é contratada predoutoral Xunta de Galicia e doutoranda no programa de Tradución e Paratradución. Pertence ao Instituto de investigación Lingua (ILingua) e ao Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación (BiFeGa). Completou o Grao en Tradución e Interpretación en 2022 e posúe un Mestrado Universitario en Comercio Internacional, ambas titulacións na Universidade de Vigo. En 2023, obtivo o Premio Extraordinario de Fin de Grao da Universidade de Vigo e o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia polos seus estudos de grao. Tras defender en 2023 o seu Traballo de Fin de Mestrado con título «O papel do tradutor-intérprete no comercio internacional», decidiu continuar o camiño da investigación realizando estudos de doutoramento. A súa investigación doutoral céntrase na tradución para o comercio internacional no sector vitivinícola galego. O obxectivo principal da súa tese, en curso, é coñecer o papel, as tarefas e as ferramentas do tradutor e do intérprete na internacionalización das empresas vitivinícolas de Galicia.