Ana
Iglesias Pérez
Alumno/a tese / doutorado
Departament: Tradución e lingüística
Centre: Facultade de Filoloxía e Tradución
Campus: Vigo
Grup d'investigació: Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación-
Correu: ana.iglesias.perez@uvigo.es
Ana Iglesias Pérez, doutoranda en Tradución e Paratradución e contratada predoutoral pola Universidade de Vigo, é graduada en Tradución e Interpretación e posúe un mestrado en Comercio Internacional, ambas titulacións da mesma universidade. Pertence ao Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación (BiFeGa). En 2023, obtivo o Premio Extraordinario de Fin de Grao da Universidade de Vigo e o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia polos seus estudos de grao. Tras defender en 2023 o seu Traballo de Fin de Mestrado con título «O papel do tradutor-intérprete no comercio internacional», decidiu continuar o camiño da investigación realizando estudos de doutoramento. A súa investigación doutoral céntrase na tradución para o comercio internacional no sector vitivinícola galego. O obxectivo principal da súa tese, en estado incipiente, é coñecer o papel, as tarefas e as ferramentas do tradutor e do intérprete na internacionalización das empresas vitivinícolas de Galicia.