Departamento: Química Física

Correo el.: mariadolores.mayan@uvigo.es

Web persoal: https://www.mayan-lab.com/

Doutora pola Universidad Complutense de Madrid coa tese Superenrollamiento del dna en procariontes y eucariontes estudio de su función y la del bloqueo de las horquillas de replicación en procesos de recombinación 2006. Dirixida por Dr/a. Jorge Bernardo Schvartzman Blinder.

María D. Mayán obteu o grao de doutora en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid en 2006 no CIB-Margarita Salas (CSIC). Tras este período, realizou estadías de posdoutoramento en Londres, no Imperial College London e no MRC London Institute of Medical Sciences. No ano 2010, incorporouse como Investigadora Principal e posteriormente, en 2014, como Xefa de grupo (R4) no INIBIC en A Coruña. Na actualidade, dirixe o seu grupo de investigación no CINBIO, grupo dedicado ao estudo de mecanismos implicados no progreso do cancro e noutras enfermidades asociadas á idade, como a artrose. Mayán publicou máis de 30 artigos en revistas de alto impacto e rexistrou sete patentes. Ademais, foi Investigadora Principal (IP) de diferentes proxectos de investigación a nivel nacional e internacional. Coordina o grupo Muller e Ciencia na SEBBM. Mayán é Vocal da Xunta directiva de varias sociedades científicas da SEBBM e da ANIH, ademais de participar de forma activa en actividades de divulgación científica e promoción da ciencia, así como na visibilización da muller no ámbito STEM.