Departamento: Enxeñaría telemática

Centro: Escola De Enxeñaría De Telecomunicación

Centro de investigación: ATLANTTIC

Campus: Vigo

Área: Enxeñaría Telemática

Grupo de investigación: GIST (Grupo de Enxeñería de Sistemas Telemáticos)

Correo: manolo@uvigo.es

Web persoal: https://Manolo.webs.uvigo.gal

Doutor pola Universidade de Vigo coa tese Contribucion al tratamiento de datos en lotos 1997. Dirixida por Dr. Martín Llamas Nistal.

Enxeñeiro de Telecomunicación (1990) pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación (1997) pola Universidade de Vigo. Desde 1990 é profesor a Escola de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo. Ten máis dun centenar de publicacións internacionais no ámbito das TIC, e participa habitualmente en proxectos de investigación internacionais con empresas e institucións do sector TIC, así como en proxectos internacionais de cooperación educativa. Entre 2005 e 2009 interrompe esa dedicación para incorporarse á Xunta de Galicia como Director Xeneral de Comunicación Audiovisual e ao operador de telecomunicacións Retegal S.A. como Conselleiro Delegado, co labor de deseñar e dirixir o proceso de transición á Televisión Dixital Terrestre en Galicia, así como outros grandes proxectos no campo das infraestruturas de telecomunicación. A súa actividade investigadora céntrase nos servizos avanzados de telecomunicación para a educación, para as persoas maiores e para a atención ás persoas dependentes.