MARIA BELEN
RUBIO ARMESTO
CATEDRATICO/A UNIVERSIDADE - TEMPO COMPLETO
Departamento: Xeociencias mariñas e ordenación do territorio
Centro: Facultade de Ciencias do Mar
Centro de investigación: CIM-UVigo
Campus: Vigo
Universidad: Universidade de Vigo
Área: Estratigrafía
Grupo de investigación: XM2 Xeoloxía Mariña e Ambiental
Correo: brubio@uvigo.es
Web persoal: http://webc10.webs.uvigo.es/gl/persoal/persoal-docente-e-...
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Dinámica del potasio en suelos gallegos 1993. Dirixida por Dr/a. Fernando Gil Sotres.
Belén Rubio Armesto é catedrática de Estratigrafía do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo desde o ano 2009. Profesora na Universidade de Vigo desde 1991, impartiu docencia en estudos de grao, mestrado e doutoramento. Dirixiu 6 teses doutorais e 13 teses de licenciatura e/ou traballos de fin de mestrado ou de grao. Como investigadora pertence ao grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental, centrando a súa actividade investigadora no estudo da sedimentoloxía de ambientes costeiros e mariños profundos, con énfase na contaminación por metais, os cambios diagenéticos e a evolución paleoambiental e paleoclimática. Conta con cinco sexenios de investigación e un de transferencia, e participou en máis de 30 proxectos de investigación, sendo investigadora principal en 9 deles, tanto a nivel rexional como nacional e europeo, así como nuns 20 contratos con empresas. Publicou máis de 100 traballos científicos (artigos en revistas, capítulos de libro, etc.), dos cales uns 60 están en revistas JCR (índice H = 24). Participou en máis dunha ducia de campañas oceanográficas e conta con máis de 200 contribucións a congresos. No ámbito da xestión foi decana da Facultade de Ciencias do Mar durante 5 anos (2013–2018). Participa activamente desde 2013 como membro do Consello de Goberno da universidade. Foi tamén secretaria da Conferencia de Decanos de Ciencias do Mar desde a súa constitución en 2015 ata xuño de 2018. Ademais, foi secretaria de departamento durante máis de doce anos. Foi vicerreitora de investigación entre 2018 e 2022. Na actualidade é vicerreitora de investigación, transferencia e innovación desde xuño de 2022. É tamén membro da comisión executiva da CRUE de I+D+i e coordinadora da súa Rede Divulga. Participou en comisións de avaliación de proxectos, de profesorado, de bolsas, etc. Conta con experiencia na organización de congresos, seminarios e xornadas, tendo participado na organización de 8 congresos internacionais, un deles como coordinadora. É tamén revisora habitual de artigos en revistas JCR no ámbito das xeociencias e das ciencias ambientais.