
JOAN
MIQUEL VERGES
TITULAR DE UNIVERSIDADE - TEMPO COMPLETO
Departamento: Tradución e lingüística
Centro: Facultade de Filoloxía e Tradución
Campus: Vigo
Área: Tradución e Interpretación
Grupo de investigación: AI1 Tradución, accesibilidade, literatura e textos audiovisuais
Correo: jmv@uvigo.es
Web persoal: http://jmv.webs.uvigo.es
Estudos relacionados coas Matemáticas, a Informática, as Ciencias Cognitivas e a Filoloxía. Licenciado en Filoloxía pola UB (1992) e Doctor en Filoloxía pola URV (1997). No 1992/1996 fun bolseiro predoutoral FPI no estranxeiro no Dpto. de Lingüística da UB. Realicei estadías de investigación no Dpto. de Informática da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade Nova de Lisboa (1993); nas Facultades de Matemáticas e Humanidades da Universidade de Bucarest (1993); no CCS e no HCRC da Univ. de Edimburgo (1994); na Facultade de Matemáticas e no TUCS da Universidade de Turku (Finlandia, 1995); e no ITESM de Monterrey e Ciudad de México (1996). No 01/03/1997 obtiven unha bolsa posdoutoral FPI no estranxeiro na Universidade de Turku, pero renunciei a ella e incorporeime como profesor asociado na Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo. Posteriormente pasei a ser profesor titular interino (1997) e, finalmente, profesor titular (1999). Profesor e membro da Comisión Académica do Máster Universitario en Tradución Multimedia (http://multitrad.webs.uvigo.es) e do Programa de Doutoramento en Comunicación (http://comunitrad.webs.uvigo.es) da UVigo.