Departamento: Enxeñaría telemática

Centro: Escola De Enxeñaría De Telecomunicación

Centro de investigación: ATLANTTIC

Campus: Vigo

Área: Enxeñaría Telemática

Grupo de investigación: Information and Computing Laboratory

Correo el.: rebeca@uvigo.es

Web persoal: https://iclab.det.uvigo.es/rebeca

Doutora pola Universidade de Vigo coa tese Reutilización de requisitos funcionales de sistemas distribuidos utilizando técnicas de descripción formal 2002. Dirixida por Dr/a. José Juan Pazos Arias.

Rebeca P. Díaz Redondo, Catedrática de Universidade do Departamento de Enxeñería Telemática, é Enxeñeira de Telecomunicación (1997) e Doutora en Enxeñería de Telecomunicación pola Universidade de Vigo (2002). Desde 2012 pertence ao centro de investigación atlanTTic (https://atlanttic.uvigo.es/ na UVIGO) e coordina o Information & Computing Lab (I&CLab, https://iclab.det.uvigo.es/). No que se refire á súa actividade docente, Rebeca imparte docencia no Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación e no Máster en Enxeñería de Telecomunicación. Adicionalmente, dirixiu 11 tese doutorais e, na actualidade, tutela a 6 estudantes de doutoramento. A súa actividade investigadora céntrase na definición de solucións apropiadas que teñan en conta a privacidade no campo do DL/ML distribuído (Deep Learning/Machine Learning). Esta liña de investigación tamén aborda a aplicación da aprendizaxe incremental, a aprendizaxe reforzada e a xAI (Intelixencia Artificial Explicable) en contextos de computación distribuída e colaborativa. Está especialmente interesada na aplicación destes enfoques para solucións IoT, tendo en conta protocolos específicos e solucións de computación distribuída no extremo (Edge/Fog/Mist computing). A combinación das tecnoloxías anteriores apoia a toma de decisións en diferentes sectores, como as cidades intelixentes, a orquestración de sensores, a Industria 4.0, os mercados financeiros, etc. No ámbito da investigación, Rebeca participou en máis de 50 proxectos e 25 traballos de transferencia tecnolóxica a través de contratos con empresas e/o institucións públicas. Os resultados do seu traballo de investigación difundiuse a través de máis de 70 artigos publicados en revistas JCR. Actualmente participa nas actividades científicas e técnicas de varios proxectos de investigación e educativos nacionais e europeos. No marco social da súa investigación, Rebeca participa en iniciativas para loitar contra o sexismo nos medios dixitais e en preservar a ética na aprendizaxe automática. Por último, é a Directora da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo desde marzo de 2021. CVA accesible en: https://iclab.det.uvigo.es/CVA-Rebeca.pdf