Fachbereich: Enxeñaría telemática

Zentrum: Escola De Enxeñaría De Telecomunicación

Forschungszentrum: ATLANTTIC

Campus: Vigo

Bereich: Telematik-Technik

Forschungsgruppe: Information and Computing Laboratory

Email: rebeca@uvigo.es

Persönliche Website: https://iclab.det.uvigo.es/rebeca

Doktorin von der Universidade de Vigo mit der Dissertation Reutilización de requisitos funcionales de sistemas distribuidos utilizando técnicas de descripción formal 2002. unter der Leitung von Dr. José Juan Pazos Arias.

Rebeca P. Díaz Redondo, Catedrática de Universidade do Departamento de Enxeñería Telemática, é Enxeñeira de Telecomunicación (1997) e Doutora en Enxeñería de Telecomunicación pola Universidade de Vigo (2002). Desde 2012 pertence ao centro de investigación atlanTTic (https://atlanttic.uvigo.es/ na UVIGO) e coordina o Information & Computing Lab (I&CLab, https://iclab.det.uvigo.es/). No que se refire á súa actividade docente, Rebeca imparte docencia no Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación e no Máster en Enxeñería de Telecomunicación. Adicionalmente, dirixiu 11 tese doutorais e, na actualidade, tutela a 6 estudantes de doutoramento. A súa actividade investigadora céntrase na definición de solucións apropiadas que teñan en conta a privacidade no campo do DL/ML distribuído (Deep Learning/Machine Learning). Esta liña de investigación tamén aborda a aplicación da aprendizaxe incremental, a aprendizaxe reforzada e a xAI (Intelixencia Artificial Explicable) en contextos de computación distribuída e colaborativa. Está especialmente interesada na aplicación destes enfoques para solucións IoT, tendo en conta protocolos específicos e solucións de computación distribuída no extremo (Edge/Fog/Mist computing). A combinación das tecnoloxías anteriores apoia a toma de decisións en diferentes sectores, como as cidades intelixentes, a orquestración de sensores, a Industria 4.0, os mercados financeiros, etc. No ámbito da investigación, Rebeca participou en máis de 50 proxectos e 25 traballos de transferencia tecnolóxica a través de contratos con empresas e/o institucións públicas. Os resultados do seu traballo de investigación difundiuse a través de máis de 70 artigos publicados en revistas JCR. Actualmente participa nas actividades científicas e técnicas de varios proxectos de investigación e educativos nacionais e europeos. No marco social da súa investigación, Rebeca participa en iniciativas para loitar contra o sexismo nos medios dixitais e en preservar a ética na aprendizaxe automática. Por último, é a Directora da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo desde marzo de 2021. CVA accesible en: https://iclab.det.uvigo.es/CVA-Rebeca.pdf