Departamento: Filoloxía galega e latina

Centro: Facultade de Filoloxía e Tradución

Campus: Vigo

Área: Filoloxías Galega e Portuguesa

Grupo de investigación: TALG Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega

Correo: xsalgado@uvigo.es

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Marcial Valladares (1821-1903) lingua, literatura e folclore 2002. Dirixida por Dr/a. Rosario Álvarez Blanco.

Xosé A. Fernández Salgado (Ferreiravella-Riotorto, Lugo, 1966). É Licenciado en Filoloxía Hispánica, subsección de Galego-portugués (USC 1989) e Doutor en Filoloxía Galega (USC 2002). Foi Bolseiro de investigación no Instituto da Lingua Galega (1987-1992) e Editor da Editorial Santillana-Obradoiro (1993-1998). Dende 1998, é Profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo (dende 2007 como TU), onde imparte materias relacionadas coa gramática do galego. É membro do grupo de investigación TALG (UVigo). As súas áreas de investigación inclúen o estudo gramatical e léxico da lingua galega, a súa historiografía lingüística e a edición crítica de textos do galego moderno. Participou en varios proxectos de investigación sobre estes temas e é autor dunha trintena de traballos publicados en revistas académicas e capítulos de libro. É tamén autor das monografías "Marcial Valladares. Biografía dun precursor no Rexurdimento galego" (2005) e "Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas" (2017); editor crítico de varias obras de Marcial Valladares ("Refráns" 2003, "Poesía" 2003 e a novela "Majina" 2011), e coautor de "Diccionario de Dúbidas da Lingua Galega" (1990), "Nivel Soleira do galego" (1993) e "A roda dos verbos. Usos e dificultades da conxugación verbal galega (2013)". Participou tamén na redacción e edición de varios libros de texto, guías didácticas e cadernos de actividades para a educación primaria e secundaria. Dende 2016, é o editor xefe do anuario "Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega". Foi vocal da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia (1990-1993) e actualmente é membro do Seminario de Gramática da Real Academia Galega.