Departamento: Enxeñaría de sistemas e automática

Centro: Escola de Enxeñaría Industrial

Centro de Investigación Interuniversitario: CITMAga

Campus: Vigo

Área: Enxeñaría de Sistemas e Automática

Grupo de investigación: Grupo de Control non Liñal

Correo: afvillaverde@uvigo.es

Web persoal: http://afvillaverde.webs.uvigo.gal/

Doutor pola Universidade de Vigo coa tese Contribucións á teleoperación pasiva. Aplicación a guindastre pórtico en entorno háptico 2009. Dirixida por Dr. Jesús Doval Gandoy, Dr. Antonio Barreiro Blas.

Investigador Ramón y Cajal. Vinculado ao CITMAga, o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia. Director do subgrupo BICO (Biosistemas: Identificación, Control e Optimización) dentro do do Grupo de Control Non Liñal. Membro do comité técnico do IFAC sobre Biosistemas e Bioprocesos (TC 8.4) e do Consello Editorial de PLOS ONE. Incluído na lista de Stanford/Elsevier do Top 2% de científicos mundiais en 2022 e 2023 (ranking anual). Anteriormente, fun investigador posdoutoral con Julio Banga (Grupo de Enxeñaría de Bioprocesos, IIM-CSIC; actualmente no Laboratorio de Bioloxía Computacional @ MBG-CSIC) en dous períodos diferentes: 2009-2015 e 2016-2020. No primeiro traballei en varios proxectos de bioloxía de sistemas, colaborando co falecido John Ross (Stanford), cuxo laboratorio visitei dúas veces. No segundo traballei no proxecto CanPathPro H2020, desenvolvendo unha plataforma computacional para o modelado preditivo do cancro. No 2015-2016 fun bolseiro I2C, financiado pola Xunta de Galicia e traballando nas universidades do Minho (grupo BioSystems) e Oxford (grupo SySoS). Anteriormente (2005-2009) fun bolseiro FPI na Universidade de Vigo, onde fixen o doutoramento en enxeñaría de sistemas e control baixo a dirección de Antonio Barreiro. Durante este período fixen estancias curtas nas universidades de Groningen, con Arjan van der Schaft, e no MIT, con Neville Hogan.