Departamento: Historia, arte e xeografía

Centro: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Campus: Pontevedra

Área: Historia Contemporánea

Grupo de investigación: Historia Contemporánea 1

Correo: luis.velasco.martinez@uvigo.es

Web persoal: https://www.uvigo.gal/es/universidad/administracion-perso...

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese La Nación Marcial Servicio Militar Obligatorio y educación patriótica en España, 1898-1982 2020. Dirixida por Dr/a. Xosé M. Núñez Seixas, Dr/a. Ramón López Facal.

Profesor Axudante Doutor da área de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo. Doutor Internacional en Historia Contemporánea polo programa interuniversitario coordinado pola UAM, foi investigador visitante na Universidade de Buenos Aires, Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Alcalá de Henares, Universidade Rey Juan Carlos, no Consello Superior de Investigacións Científicas, Columbia University, Barnard College, Center for War Studies, University College Dublin e o Colexio de México. Así mesmo foi profesor da universidades de Málaga e Pablo de Olavide de Sevilla. Foi investigador do Programa Nacional de Formación de Doutores do Ministerio de Ciencia no departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén foi membro do seu claustro e o seu consello de goberno ademais de director do Colexio Maior Rodríguez Cadarso. Dentro do ámbito privado traballou no sector editorial ademais de como asesor e consultor. Actualmente compaxina a docencia na Universidade de Vigo co seu cargo de coordinador do Máster en Seguridade, Paz e Conflitos Internacionais da USC e o IEEE. A súa investigación céntrase no proceso de construción do nacionalismo español ao longo do século XX e na historia dos conflitos.