- Comunicación e tradución especializada: análise e descrición dos xéneros especializados, con especial atención aos ámbitos científico, xurídico e económico, e dos aspectos máis relevantes relacionados coa tradución deste tipo de xéneros. Lexicografía bilingüe galego-español.
- Lingua de signos española (LSE), tradución e interpretación de linguas orais e signadas.
- Linguaxe humana, lingua española, adquisición e aprendizaxe de linguas, gramática e cambios lingüísticos. Lingüística histórica, análise do discurso. Linguas en contacto no espazo Ibérico.
- Socioloxía da tradución: análise e descrición dos aspectos interculturais da mediación lingüística; análise e descrición da tradución de linguas minoritarias. Heterolingüismo e autotradución literaria.
- Tradución e software libre: análise e fomento do uso do software libre na formación de tradutores, así como promoción da cooperación de estudantes, profesores e profesionais da tradución coas comunidades dedicadas á localización deste tipo de programas.