PEDRO PABLO
GALLEGO VEIGAS
CATEDRATICO/A UNIVERSIDADE - TEMPO COMPLETO
Departament: Bioloxía vexetal e ciencias do solo
Centre: Facultade de Bioloxía
Campus: Vigo
Àrea: Fisiologia Vegetal
Grup d'investigació: AgroBioTech for Health
Correu: pgallego@uvigo.es
Doctor per la Universidade de Santiago de Compostela amb la tesi Papel de la pared celular durante el crecimiento del fruto de kiwi (Actinidia deliciosa) 1992. Dirigida per Dr/a. Ignacio Zarra Cameselle.
Catedrático de Universidade e Coordinador do Grupo de I+D “Agrobiotecnoloxía para a saúde” da Universidade de Vigo. Licenciado e Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou estadías de investigación predoctoral e posdoctoral nas Universidades de Florida (1990 e 1992), Nottingham (1993-1994), Sheffield (1996) e Utrecht (Ano Sabático 2010-2011) e estancias curtas nas Universidades. de Copenhague (2009), Toulouse (2012) e no CSIC - IBMCP (Valencia, 2012). A súa investigación céntrase na Bioloxía e Biotecnoloxía Vexetal (cultivo in vitro) e biocultivo (hidroponía), ecosistemas e sistemas agroforestais, con énfase na nutrición mineral vexetal e bioestimulantes, estrés abiótico e biótico, produción sostible, conservación, recuperación e valorización de plantas de interese comercial, ecolóxico, nutracéutico e medicinal. Foi pioneiro na aplicación de ferramentas de aprendizaxe automática e intelixencia artificial, como redes neuronais artificiais, lóxica difusa e algoritmos xenéticos. A súa investigación foi financiada por 28 proxectos nacionais e internacionais e 17 contratos de I+D con empresas e institucións privadas, chegando a superar os 2,8 millóns de euros. É coautor de 96 publicacións, actas e capítulos, e de 132 comunicacións a congresos, reunións e simposios. É co-inventor de 1 patente internacional e 1 patente nacional. Dirixiu 28 teses de grao, 23 de mestrado e 14 de doutoramento. Organizou 9 congresos internacionais (6) e nacionais (3), é membro de 6 sociedades internacionais (SEBIOT, SECITV, IAPTCB, ISHS, SEBP e FESPP), avaliou proxectos de investigación para 5 Axencias Nacionais de Investigación: Canadá (NSERC) , Israel (MST), Países Baixos (NWO), Polonia (NCN) e España (AEI), e artigos revisados para 30 revistas do JCR, desde 1995. Medalla da Sociedade Internacional de Ciencias Hortícolas (ISHS) e Premio Extraordinario de Licenciatura.