Departamento: Matemáticas

Centro: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Campus: Pontevedra

Área: Didáctica da Matemática

Grupo de investigación: RITME Reflexión, Innovación, Transferencia e Mellora Educativa

Correo: maloureiro@uvigo.gal

Web persoal: https://maloureiro.uvigo.gal/

Doutor pola Universidade de Vigo coa tese Modelling and numerical approach of aortic valve stages healthy, stenotic and transcatheter replaced (tavi) 2020. Dirixida por Dra. Generosa Fernández Manín, Dr/a. César Gabriel Veiga García.

Graduado en Matemáticas e Mestrado en Matemática Industrial pola USC. No período 2016-2020 traballou no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) baixo diversos contratos (bolsa de formación, contrato ministerio, beca predoutoral Xunta de Galicia) onde desenvolveu a súa tese en colaboración co Departamento de Matemática Aplicada II. A tese aplica métodos matemáticos na cardioloxía para achegar máis información simulando enfermidades como a estenose aórtica ou o recambio de válvula por TAVI. Realizou estadías no CTU de Praga no 2015 e no CCMC de Lugano no 2018. Participou en numerosos congresos internacionais e recibiu o premio da sociedade europea de cardioloxía no congreso ESC2018 de Munich co premio ó mellor póster en simulación numérica. Participou en diversos proxectos financiados por organismos públicos. Rematada a tese traballou en dous IES da Consellería de Educación e no 2023 incorporouse á área de didáctica das matemáticas como axudante doutor. No 2024 incorporouse ó grupo de innovación docente RIME e ó grupo de investigación RITME.