Marcos
Loureiro Garcia
PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL - TEMPO COMPLETO
Département: Matemáticas
Centre: Facultade de Educación e Traballo Social
Campus: Ourense
Domaine: Didáctica de la Matemática
Groupe de recherche: RITME Reflexión, Innovación, Transferencia e Mellora Educativa
Email: maloureiro@uvigo.gal
Web personnel: https://maloureiro.uvigo.gal/
Docteur à l Universidade de Vigo avec la thèse Modelling and numerical approach of aortic valve stages healthy, stenotic and transcatheter replaced (tavi) 2020. Dirigée par Dra. Generosa Fernández Manín, Dr/a. César Gabriel Veiga García.
Docente na Área de Didáctica das Matemáticas da Universidade de Vigo, na Facultade de Educación e Traballo Social. É membro do grupo de investigación RITME, no que desenvolve a súa actividade investigadora e do que é responsable de redes e comunicación, así como do grupo RIME de innovación docente. Conta cun sexenio de investigación (2017-2022) que avala a calidade e o impacto da súa traxectoria científica. A súa investigación é interdisciplinar, sendo unha das verquentes desta a didáctica das matemáticas, abordando temas como a ansiedade matemática, as novas metodoloxías de ensino e o espazo educativo como recurso pedagóxico. En 2025 obtivo o seu primeiro proxecto de investigación como investigador principal e tamén participa como investigador no proxecto de xeración de coñecemento CeDiC (2024-2027) sobre boas prácticas na educación infantil. Por outra banda, tamén destaca o seu traballo aplicando métodos matemáticos para comprender mellor procesos biolóxicos e clínicos, especialmente no estudo das patoloxías cardiovasculares. Entre 2016 e 2020 desenvolveu a súa tese doutoral no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), en colaboración co Departamento de Matemática Aplicada II, contribuíndo con novas ferramentas de simulación numérica ao estudo da estenose aórtica e do procedemento TAVI. Ten publicados artigos científicos e numerosas comunicacións en congresos nacionais e internacionais tanto no ámbito da matemática aplicada coma no da educación matemática. Conta tamén con estadías de investigación na Czech Technical University (CTU) de Praga (2015) e no Center for Computational Medicine in Cardiology (CCMC) de Lugano (2018), así como a presentación de traballos en numerosos congresos internacionais, entre eles o European Society of Cardiology (ESC) Congress de 2018, onde foi galardoado co premio ao mellor póster en simulación numérica.