Actividades de dinamización sociocultural: charlas, conferencias, obradoiros, exposicións.
Adaptacións (literarias e audiovisuais) a lectura Sinxela para persoas con discapacidade cognitiva ou problemas de comprensión lectora (nenos e mozos, persoas de idade ou con patoloxías mentais…).
Aplicacións das tecnoloxías do deepfake e da tradución cara a cara (face-to-face translation).
Audiodescrición para persoas cegas.
Audiolibros, videolibros (tradución automática e/ou dobraxe e subtitulación) e podcasts sobre LIX.
Clubs de lectura para meniños, persoas con discapacidade cognitiva, persoas de idade ou con patoloxías mentais, reclusos, etc. Lugares: colexios, asociacións, residencias, hospitais, cárceres e outros.
Consultoría sobre LIX (temática, autores, etc.) para empresas, institucións e centros de ensino.
Control de calidade e revisión de traducións de LIX e de produtos audiovisuais de dobre receptor (nenos/mozos e adultos).
Edición de libros.
Educación audiovisual: análise crítica de produtos audiovisuais para a nenez e a mocidade.
Educación literaria: análise crítica de libros infantís e xuvenís e das súas traducións.
Selección de obras de Literatura infantil e xuvenil (LIX) para bibliotecas.
Subtitulación para persoas xordas.
Tradución e adaptación de libros infantís e xuvenís.