Innovación en Agrolimentación y Salud: Aproximación multidisciplinar mediante análisis químico, neurofisiología, fisiología vegetal,microbiología y biotecnología
Avaliación da presenza e dos posibles efectos neuroquímicos dos microplásticos e nanoplásticos presentes na cadea alimentaria
Avaliación dos efectos neuroquímicos dos distintos grupos de pesticidas presentes nos alimentos (glifosato, glufosinato, paraoxón, neonicotinoides) e a posible protección dos efectos por substancias antioxidantes
Avaliación dos posibles efectos protectores de principios activos presentes en plantas medicinais en modelos animais de enfermidades neurodexenerativas
Busca, caracterización, selección e mellora de novos microorganismos para a produción de alimentos convencionais, alimentos funcionais e probióticos. Culturas iniciais ou entrantes.
Busca, identificación e determinación de novos compostos bioactivos en alimentos de orixe vexetal.
Busca, selección e mellora de novos encimas microbianos de interese para a industria alimentaria e farmacéutica, reciclaxe e/ou revalorización de residuos e como axentes de biocontrol. Biocatálise enzimática.
Desenvolvemento de estratexias de extracción por inmunoafinidade
Desenvolvemento e optimización de ensaios celulares para a avaliación da toxicidade de biotoxinas emerxentes utilizando células de neuroblastoma (N2a)
Desenvolvemento e validación de métodos cromatográficos e electroforéticos (LC, GC, CE, CEC), incluíndo os seus acoplamentos con Espectrometría de Masas, para a análise de contaminantes orgánicos naturais (biotoxinas acuáticas e outros) e antropoxénicos.
Desenvolvemento e validación de métodos de tratamento de mostras para a determinación de contaminantes orgánicos presentes a nivel de trazas en matrices complexas.
Desenvolvemento e validación de métodos para a determinación e confirmación de biotoxinas emerxentes (por exemplo, tetrodotoxinas, ciguatoxinas, iminas cíclicas, palitoxinas, brevetoxinas)
Detección, illamento, identificación e tipificación de microorganismos (bacterias, fermentos e fungos).
Estudo da presenza da melatonina nas plantas, as súas funcións e a súa aplicación para unha produción agrícola máis eficiente e sostible.
Estudo de biomoléculas con propiedades antioxidantes en vexetais dietéticos e os seus derivados (sementes, froitas, zumes, bebidas fermentadas) de interese para a industria alimentaria.
Mellora da capacidade de xerminación de sementes de alto valor agrícola e alimentario en condicións ambientais advers
Novas propiedades funcionais en alimentos autóctonos e de cultivo ecolóxico, aportando valor engadido e contribuíndo á sustentabilidade do sector agroalimentario local.
Optimización de procesos para a industria alimentaria e mellora da súa calidade, funcionalidade e características organolépticas.
Presenza de pesticidas contaminantes nos alimentos.
Selección e produción de novas substancias bioactivas e bioprotectoras, sintetizadas por microorganismos, especialmente con actividade antimicrobiana.