Oferta científica

  • Actualización e optimización de metodoloxías analíticas. Estratexias para mellorar a selectividade e a sensibilidade.
  • Análise de substancias de posible interese clínico comercial ou industrial.
  • Aplicacións biotecnolóxicas para mellorar a capacidade de xerminación das sementes e da produción de cultivos en condicións ambientais adversas.
  • Avaliación e asesoramento en metodoloxías analíticas. Control de calidade.
  • Contraste de analítica. Análise contradictoria.
  • Cursos de formación para o persoal da empresa, especialmente no desenvolvemento e aplicación de metodoloxías analíticas que inclúan técnicas de separación e estratexias de preparación de mostras para matrices complexas.
  • Desenvolvemento de métodos para a determinación de toxinas paralíticas, diarreicas, amnésicas, neurotoxinas e outras toxinas emerxentes en produtos mariños e no medio acuático.
  • Desenvolvemento de sistemas automatizados para a determinación de biotoxinas en moluscos bivalvos e peixes.
  • Detección de oportunidades de investigación, desenvolvemento e innovación para empresas relacionadas co traballo investigador do equipo e asesoramento na procura de financiamento para levalas a cabo.
  • Ensaios de control de maduración e abscisión de froitos de interese económico e comercial.
  • Expresión de proteínas heterólogas (en sistemas procariotas e eucariotas).
  • Identificación de microorganismos por métodos bioquímicos e moleculares.
  • Identificación e análise de novas propiedades funcionais dos alimentos vexetais.
  • Illamento, clonación e expresión de xenes.
  • Microbioloxía sintética.
  • Selección e elaboración de entrantes para a industria enolóxica, láctea e de novos fermentados.
  • Soportes de preparación de mostras; purificación de mostras para evitar interferencias.