JORGE LUIS
BUENO ALONSO
TITULAR DE UNIVERSIDADE - TEMPO COMPLETO
Departamento: Filoloxía inglesa, francesa e alemá
Centro: Facultade de Filoloxía e Tradución
Campus: Vigo
Área: Filoloxía Inglesa
Grupo de investigación: Variación Lingüística e Categorización Textual (LVTC).
Correo: jlbueno@uvigo.es
Web persoal: https://lvtc.uvigo.es/people/jlbueno
Doutor pola Universidad de Oviedo coa tese Aportaciones a la hermenéutica antropológico-literaria bases lingüísticas, simbólicas y conceptuales de la poesía elegíaca del inglés antiguo 1999. Dirixida por Dr/a. José Luis Caramés Lage.
Jorge L. Bueno Alonso imparte clases de Literatura Inglesa da Idade Media e de Estudos Fílmicos en grao y posgrao. Os principais temas da súa investigación se centran na la Literatura Inglesa (Neo)Medieval (poesía da Idade Media en tradución, variación traductolóxica, as obras de J. R R. Tolkien) e nos Estudos Fílmicos e Visuais, especialmente nas adaptacións fímicas de Shakespeare e no vínculo entre os xéneros literarios e os fílmicos/visuais. Ten publicado extensamente sobre estas cuestións non so en publicacións periódicas científicas se non tamén en volumes monográficos de estudos filolóxicos e culturais. Os seus libros publicados abranguen estas cuestións. As súas traducións ao galego de Beowulf, Sir Gawain e o Cabaleiro Verde e Adiviñas do Libro de Exeter (Rinoceronte editora, 2010, 2013 y 2021) recibiron os premios AEDEAN á Mellor Tradución do ano. Ten realizado traballos de investigación na Universidade de Edimburgo, na Scottish Poetry Library, no University College de Londres e no Institute of Historical Research -Universidade de Londres, e foi conferenciante invitado nas universidades de Oviedo, Málaga, Pompeu Fabra de Barcelona, Jaume I de Castellón, e no Instituto de Estudos Medievais e Renacentistas da Universidade da Laguna. Foi director da revista Selim: Journal of the Spanish Society for Medieval English Language and Literature de 2016 a 2021.