Departamento: Filoloxía inglesa, francesa e alemá

Centro: Facultade de Filoloxía e Tradución

Campus: Vigo

Área: Tradución e Interpretación

Grupo de investigación: BiFeGa Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación-

Correo: buxan@uvigo.es

Web persoal: http://traducion.gal/

Doutora pola Universidad de Vigo coa tese A tradución da fraseoloxía no xénero textual manual de instrucións na combinación lingüística alemán-español 2015. Dirixida por Dra. Silvia Montero Küpper, Dr/a. Carmen Mellado Blanco.

Como docente imparto aulas de lingua alemá nas titulacións de grao de Tradución e Interpretación, Linguas Estranxeiras e Comercio, así como de tradución no Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional. Con máis de vinte anos de experiencia laboral como tradutora e revisora por conta propia e oito como editora (Catro Ventos), levo boa parte desta bagaxe profesional á miña investigación, con especial interese polas políticas editoriais de tradución, a ecoedición, a tradución das literaturas alemás contemporáneas e os procesos de control de calidade na produción documental. En xaneiro de 2025 fun canda Silvia Montero Küpper (UVigo) beneficiaria dunha bolsa «Creative Europe» da Unión Europea para desenvolver un proxecto de tradución literaria no que o Literarisches Colloquium Berlin actou como entidade socia.