Fachbereich: Tradución e lingüística

Zentrum: Facultade de Filoloxía e Tradución

Campus: Vigo

Bereich: Übersetzen und Dolmetschen

Forschungsgruppe: Traducción & Paratraducción

Email: xoanmontero@uvigo.es

Doktor von der Universidade de Vigo mit der Dissertation O proceso de traducción para a dobraxe das longametraxes de ficción galegas (1986-2006) análise de tres casos 2009. unter der Leitung von Dr. Ana Luna Alonso.

Xoán Montero Domínguez é profesor titular do Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, onde desenvolve o seu labor docente e investigador. Alén de autor de diversos traballos científicos nos ámbitos da tradución audiovisual e da normalización lingüística, entre os que destaca a monografía La traducción de proyectos cinematográficos. Modelo de análisis para los largometrajes de ficción gallegos (Peter lang, 2015), é editor dos volumes Tradución para a dobraxe en Galicia, País Vasco e Cataluña. Experiencias investigadoras e profesionais (Universidade de Vigo, 2010), Traducción para la comunicación internacional (Comares, 2013), Traducción e industrias culturales. Nuevas perspectivas de análisis (Peter Lang, 2014), El doblaje. Nuevas vías de investigación (Comares, 2017) e Intérpretes de cine. Análisis del papel mediador en la ficción audiovisual (Peter Lang, 2019). É intérprete xurado francés-español-francés habilitado polo Ministerio de Asuntos Exteriores.