AA1
Investigacións Agrarias e Alimentarias
Constituído o 30 de xuño de 2006
Responsable: JUAN CARLOS MEJUTO FERNANDEZ
Departamento: Química Física
Centro: Facultade de Ciencias
Campus: Ourense
Correo electrónico: xmejuto@uvigo.es
Páxina web: https://aa1.es
O Grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias está constituído por investigadores da Facultade de Ciencias do campus periférico de Ourense. Todos eles veñen desenvolvendo a súa actividade nos diferentes elos da cadea alimentaria e comparten o obxectivo de mellorar a produción, a calidade e a seguridade das materias primas e dos alimentos seguindo, do mesmo modo que outros centros punteiros neste ámbito a escala internacional, unha perspectiva global (“Farm to Fork”).
As características internas máis significativas do grupo son as seguintes:
- Complementariedade: cada un dos investigadores e das liñas de investigación que o compoñen abordan dende a súa perspectiva metodolóxica e conceptual a investigación nos alimentos para abordar con garantías proxectos que abranguen dende a “granxa ao prato”, e dicir, dende a produción de materias primas ao consumidor.
- Articulación: o grupo AA1 articúlase de xeito vertical ao longo da cadea de valor da produción de alimentos; abranguendo dende a produción primaria á transformación e o desenvolvemento de novos produtos, o aproveitamento dos refugallos e a calidade e seguridade das materias primas e dos produtos finais. Tamén existe unha articulación metodolóxica e conceptual, xa que todas as liñas de traballo presentan interseccións, compartindo e empregando non só os mesmos procedementos experimentais, senón tamén recursos e equipamentos científicos e os fins da súas actividades.
- Ámbito xeográfico: o ámbito xeográfico inmediato é o sur de Galicia e, particularmente, a provincia de Ourense, estando perfectamente integrados no seu entorno socioeconómico.
- Masa crítica: o agrupamento inclúe máis dun cento de investigadores en conxunto, con arredor de dez considerados como persoal estábel, situándose coma un dos grupos de investigación do ámbito alimentarios máis grande de Galicia dedicado á perspectiva integradora “Farm to Fork” (considerando tanto o SUG como o resto das OPIs), tanto en termos de recursos humanos mobilizados coma o de volume de produción científica e de recursos captados.
- Diversidade epistemolóxica: fronte a agrupacións monolíticas en canto á procedencia disciplinar dos seus membros, o AA1 atinxe diferentes áreas de coñecemento con diversos perfís profesionais, dende físicos a veterinarios e dende biólogos a enxeñeiros. Esta característica fai do AA1 un espazo de diversidade epistemolóxica que enriquece o enfoque dos problemas que aborda e permite solucións pouco previsibles en outro tipo de agrupamentos de carácter corporativo.
Dentro da visión vertical, interseccional e multidisciplinar da abordaxe "da granxa ao prato" (“farm to fork”), o AA1 aborda os problemas ao longo de toda a cadea alimentaria, pero cun foco especial en:
- A compatibilidade entre a produción de alimentos e protección ambiental. As esixencias dos consumidores de produtos alimenticios seguros, saudables, máis satisfactorios sensorialmente, e cómodos de usar.
- As demandas industriais de valorización eficiente de residuos agroalimentarios e subprodutos.
Por todo o anterior, o AA1 é unha realidade xa madura na área da cadea alimentaria global. Naceu co foco na valoración eficiente de subprodutos, tanto os residuos non alimentarios (tales como o estrume animal, residuos de cultivos, etc.), coma os produtos alimentarios de baixa calidade, xa sexan de vexetais e froitas ou de subprodutos animais.
Dúas estratexias diferentes están a seguirse dependendo do tipo de subprodutos: a valoración agronómica para residuos non alimentarios, e a valorización industrial para os produtos alimenticios de baixa calidade. No primeiro caso, o foco está na produción sustentábel de alimentos, prestando atención á bioacumulación de contaminantes e aos seus efectos sobre a calidade do solo e produtividade agrícola. No segundo, as actuacións centránse no desenvolvemento de novos alimentos a través da recuperación ou produción de ingredientes funcionais a partir dos subprodutos, así como no aumento da súa vida útil obtendo produtos máis estables. En calquera dos casos, o obxectivo será obter alimentos seguros con alta calidade sensorial, nutricional e funcional.
En canto á organización de coñecemento, o Grupo está formado por científicos con experiencia en tres áreas estratéxicas (das cales dúas son verticais ao longo da cadea de valor da produción alimentaria):
- Produción sostíbel de alimentos: principalmente ao cargo de biotecnólogos e bioquímicos con grande experiencia investigadora no transporte de contaminantes no sistema solo-auga-cultivo e na contaminación dos recursos hídricos, así como tamén na valorización de residuos na agricultura e silvicultura.
- Desenvolvemento de novos alimentos: baixo a dirección de especialistas na recuperación e bioprodución de ingredientes funcionais a partir de subprodutos e residuos, así como no desenvolvemento de non só novos alimentos funcionais, senón tamén novos envases activos para alimentos.
- Calidade e seguridade dos alimentos: esta área ten unha aplicación máis “horizontal” e pode servir de nexo entre as dúas anteriores. Formada por químicos, nutricionistas e bromatólogos con ampla experiencia en desenvolvemento de métodos analíticos con instrumentación potente para desenvolver novas estratexias que permitan garantir a seguridade e autenticidade de alimentos.
-
O estudo da cadea alimentaria é hoxe globalmente concibido como "da explotación agrícola á mesa", outra forma de indicar que a perspectiva inclúe dende o produtor ao consumidor. Desde 1950, a maioría das investigacións sobre a industria agro-alimentaria está enfocada en procesos de produción/transformación e, máis recentemente, os esforzos foron concentrados na automatización e desenvolvemento de sistemas de control para estes procesos, xerando así unha ampla gama de produtos alimenticios e tecnoloxías de conservación que son visibles no mercado hoxe en día.
O novo reto radica na tentativa de aportar un valor adicional para a industria de alimentos, e para responder ás novas necesidades da sociedade, que esixe non só alimentos seguros, mais tamén alimentos e ingredientes que permitan mellorar a saúde dos consumidores (alimentos funcionais), novos materiais biodegradables ou activos, e novas solucións aos problemas ambientais. Moitos subprodutos e residuos producidos en industrias de alimentos mostran un grande potencial para ser utilizado para estes fins, e o desenvolvemento de tecnoloxías e procesos limpos para a súa posta en valor é de gran interese para as PEMEs relacionadas coas industrias agraria e alimentaria.
A valoración de subprodutos e residuos xerados como resultado da actividade rural e agro-industrial é unha cuestión importante neste momento para as empresas agro-alimentarias, xa que contribúe a mellorar a sostibilidade das estratexias produtivas e da eficiencia técnica e económica do industrias do sector.
Desde o Grupo AA1 considérase que mellorar o coñecemento relativo aos efectos xerados polos residuos non alimentarios no solo e nos cultivos é un elemento chave para o ámbito da xestión de residuos. A atención está enfocada na preservación dos recursos hídricos e do chan, garantindo a sustentabilidade da actividade agrícola e agroindustrial. Asemade, a perda de nutrientes, a disipación de pesticidas nas augas subterráneas e superficiais ou a absorción de metais polos cultivos e a bioacumulación no alimento son ámbitos de relevancia nas investigacións desenvolvidas polo grupo.
Alén do xa referido, o grupo tenta ampliar o seu campo de acción desenvolvendo investigacións ou parcerías que poidan dirixirse cara ámbitos relevantes na innovación da industria agroalimentaria. Dentro deses ámbitos innovadores, poden destacarse a procura de usos alternativos de subprodutos agroindustriais (consistente no seu procesamento industrial e a adquisición de novos alimentos); a investigación das relacións entre os principais subsistemas (como a produción de forraxe, gandería, procesamento de alimentos) ou as estratexias de valorización do sistema agro-industrial.
No respecto ao impacto ambiental, hai unha necesidade do tratamento eficaz e respectuoso co entorno da xestión de residuos líquidos baseados en alimentos coa intención de producir produtos útiles e de valor comercial substancial (por exemplo, novos ingredientes ou produtos, pensos, combustible, electricidade...). A industria de alimentos implica e afronta novos retos e oportunidades todos os días. Anticipar as futuras necesidades neses eidos a través da investigación e de coñecemento técnico especializado é chave para a innovación e a transferencia de coñecemento. Nese sentido, hai varios produtos innovadores que poden ser susceptíbeis de seren investigados e desenvolvidos son:
- Análogos de peixe e carne, novas formulacións para produtos tradicionais ou toda unha gama de outros novos produtos derivados a partir de surimi.
- Snacks saudábeis, altamente innovadores no mercado de merendas.
- Illamento de proteínas de caseína e soro de leite: desenvolvemento de varios produtos de alto valor engadido, mediante a aplicación de tecnoloxías de membranas.
- Preservación de produtos vexetais frescos de elevado valor comercial.
- Envases activos e revestimentos comestibles.
- Alimentos para explotacións piscícolas, empregando produtos de peixe subvalorizados.
- Antioxidantes fitoxénicos obtidos a partir de subprodutos de froitas e vexetais procesados.
- Compostos graxos de alto valor engadido e proteínas hidrolizadas obtidas a partir do procesamento de especies de peixes subvalorizadas.
- Novos aditivos alimentarios extraídos de residuos alimentarios.
Investigadores/as
Colaboradores/as
beta
Especialidades predominantes (top 10)
Obtido de publicacións help
Obtido de publicacións
As especialidades temáticas mostradas obtivéronse mediante a aplicación de modelos de intelixencia artificial, obtidos como resultado do Proxecto Hércules daquelas publicacións con resumo, sempre que o rexistro non proceda de bases de datos comerciais, que aplican restricións ao uso dos datos.
As especialidades temáticas mostradas obtivéronse mediante a aplicación de modelos de intelixencia artificial, obtidos como resultado do Proxecto Hércules daquelas publicacións con resumo, sempre que o rexistro non proceda de bases de datos comerciais, que aplican restricións ao uso dos datos.
- Food Science (Agricultural and Biological Sciences) Filtro
- Biotechnology (Biochemistry, Genetics and Molecular Biology) Filtro
- Agronomy and Crop Science (Agricultural and Biological Sciences) Filtro
- Anthropology (Social Sciences) Filtro
- Archeology (Social Sciences) Filtro
- Cancer Research (Biochemistry, Genetics and Molecular Biology) Filtro
- General Chemical Engineering (Chemical Engineering) Filtro
- General Chemistry (Chemistry) Filtro
- Global Health (Medicine) Filtro
- Internal Medicine (Medicine) Filtro